TURISMO

Rutas de sendeirismo

Camiño privilexiado

Ruta duns 8km400, salindo de Santiago de Rubiás, pasando por Rubiás e terminando en Tourém (Portugal). Localización (punto de partida)


IMG9345-copia


IMG9380-copia


IMG9388-copia

 

Ruta Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=14854809

 

Ruta ata o Castelo da Picoña

Ruta duns 1.2km, salindo de Randín, Localizacion ata o Castelo da Picoña.

Dificultade: baixa

IMG0389
IMG0349-001
IMG0382
 

 

Sendeiro - Ruta das Carballeiras

Trátase dun percorrido circular de 9.32km que complementa outro xa existente que enlaza cunha pasarela de madeira, coas fervenzas e cañón do Río  Fírveda no Concello limítrofe de Porqueira.

O punto de inicio pode situarse na aldea de Vila Localizacion  con impresionantes vistas panorámicas, na aldea de  Lobás Localización ou na aldea de  Castelaus Localizacion para continuar por fermosas  carballeiras e zonas de bosques de ribeira cara ao norte, pasando por un muíño restaurado, varios miradoiros e restos dunha antiga capela, ata o lugar do Coto (925 metros) Localizacion onde se poden ver as ruínas dun Castro no limite con Porqueira para regresar de novo a  Castelaus.

Desde o lugar do Coto,unhas impresionantes vistas panorámicas, entre a que se atopa toda a chaira da Limia coa vila de Xinzo de Limia ao fondo.

Dificultade: media- baixa

 


IMG8941-copia


IMG8949-copia

20190723133236

IMG8952

20190723132152

 
 

 

 

Paseo municipal

que une os Concellos de Os Blancos e Calvos de Randín, duns 7.250km. Este carreiro empeza en Aguís (Os Blancos), segue en Fontearcada (Os Blancos), polo Santuario da Virxe dá Veiga en San Mamede (Porqueira) e termina en Castelaus (Calvos de Randín). Localización (punto de partida)


IMG9482-copia


IMG9508-copia

 

Ruta con Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=14938753

Sendeiro Fachado-Aguioncha-Cebreiro

Trátase dun percorrido circular de 10.55km, que se inicia no Lugar de Feás (San Miguel) Ubicación para continuar cara ao norte polas ladeiras de O Monzón e O Choqueiro polos terreos do Monte Fachado ata ascender ao Pico de A Aguioncha a 1200m de altitude Ubicación, continúa ata, o Pico de O Cebreiro e terreos de Pena Loba a 1250m de altitude máis ao nordés xa no límite co Concello de os Blancos para regresar despois pola Pedra dos Caritos e A Costa de Moreira de novo ata a localidade de Feás.

Parte 1 = Dificultade baixa       Parte 2 = Dificultade media-alta

IMG7659-copia
 
 
 
 
 

Tourem-Maus de Salas

O roteiro parte de  Tourém, a única localidade portuguesa ao norte da Serra do  Gerês, con moita relación cos territorios galegos de ao redor debido ao comercio e ao contrabando, coincidindo cun tramo do antigo Camiño do Privilexiado, zona de libre tránsito e comercio que unía, entre bosques e prados, esta aldea portuguesa co Couto Mixto,  microestado independente con autogoberno e capital en Santiago de  Rubiás, vixente ata o Tratado de Límites de España e Portugal do ano 1864.

Antes de chegar a  Rubiás, o roteiro deixa o Camiño do Privilexiado para dirixirse ao núcleo de Paradela; cruza o río Salgas e diríxese con moito desnivel cara ao seu encoro para chegar, máis aló, á aldea de  Maus de Salas.

Distancia: 18,5 km, desnivel acumulado: +300 m., duración estimada: 6 horas.

https://www.reservabiosferageresxures.eu/es/gran-ruta-do-xures

imprimirCorreo electrónico