CALVOS DE RANDÍN

Calvos de Randín

 

 

Destino Río Limia-Lima : Descubriendo Calvos de Randín https://youtu.be/oQdGt2Kxhoo

Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia, ten unha extensión de 98km2 e a súa altitude é de 916 metros sobre o nivel do mar. Polo sur, o relevo destaca pola presenza das Serras da Pena, do Larouco e parte do seu territorio atópase dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, o cal fai que este municipio teña interesantes espazos naturais para ver.

A altitude media oscila entre os 900 e 1100 metros, con todo no sector meridional, fronteirizo con Portugal, excédense esas alturas, ata rondar os 1.400 metros nalgún punto concreto da Serra da Pena, como o Pico Monteagudo.

Destacamos a Aguioncha (1239m), cima situada en Feás, o monte O Cebreiro (1255m), que colinda con terras do concello Os Blancos.

Outro dos lugares destacables é o Val do río Salas, este río Salas (principal afluente do Limia) percorre o municipio de leste a oeste e remata embalsado no encoro de Salas, que se prolonga polo municipio limítrofe de Muiños e atravesa as terras portuguesas que hai entre ambos. O resto son ríos menores e arroios que tamén afluyen á conca do Limia, ben sexa por medio do río Salas ou polo Fírveda.

Calvos de Randín limita ao norte con Porqueira, polo sur con Portugal, ao leste con Baltar, Os Blancos e ao oeste con Muiños.

Forma, altitude e hidromorfia, contribuíron á construción de paisaxes ben individualizadas, nos que sobresaen aldeas dispersas polo territorio, emprazadas ao pé de picachos ou cabalgando a media ladeira, rodeadas de robledales. Ao pé dos ríos, prados cercados por lindes de bidueiros ou brañas.

ACESO

Desde Ourense tomar a autovía A-52 ata Xinzo de Limia, seguir pola OU-1112, polos Blancos ata Calvos de Randín, 66 km.

Desde Xinzo de Limia, tomar a OU-1112 polos Blancos ata Calvos de Randín, 24,7km.

Desde Ourense por Muiños,  tomar a autovía AG-31, OU-540, OU-1201 ata Mugueimes (Muiños), coller OU-1205 por Porqueirós e seguir OU-302 ata Calvos de Randín, 69km.

Desde o Aeroporto de Vigo, tomar a E-1/AP-9, seguir pola A-52,  coller salida 193 Xinzo de Limia, seguir OU-1112 por Os Blancos ata Calvos de Randín, 152km.

Desde o Aeroporto de Santiago de Compostela, tomar a E-1/AP-9, seguir pola A-53, AG-53 e A-52, coller salida 193 Xinzo de Limia, seguir OU-1112 por Os Blancos ata Calvos de Randín, 176km.

Desde Portugal:

Desde Montalegre tomar a N103-9 e ao entrar en España coller a OU-1109 dirección Vilamaior da Boullosa, seguir por OU-1110, pasar por Rubías e virar hacía OU-302 ata Calvos de Randín, 32km.

Desde Tourém tomar a EM513, e ao entrar en España a OU-302 ata Calvos de Randín, 8km.

Desde Aeropuerto de O Porto-Francisco Sá Carneiro, tomar a A41, seguir pola A3, A7, A24 e A52 (Verín), coller  a salida 188 hacia N-525 Abavides/Xinzo de Limia e seguir OU-112 por Os Blancos ata Calvos de Randín, 229km.