SERVIZOS SOCIAIS

Servizos sociais

 

Os programas básicos de atención desenvolvidos polo noso departamento de servizos sociais son:

Programa de orientación, asesoramento e información

Ten como obxectivo informar á cidadanía sobre os dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemas específicos, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

Programa de axuda no fogar (SAF)

O servizo de axuda a domicilio está dirixido a toda a poboación, con prioridade para as persoas dependentes. Os beneficiarios/as optan a unha serie de atencións e coidados que teñen o obxectivo de que continúen vivindo na súa propia contorna, mentres que isto sexa posible e conveniente.
Xestionamos unha serie de programas ofertados por outras administracións que complementan o servizo de axuda no fogar. Entre eles hai que destacar a Teleasistencia domiciliaria, que facilita atención inmediata en situacións de emerxencia; o programa Xantar na casa, que ofrece un servizo de comida a domicilio; os programas de respiro familiar, para facilitar o coidado temporal de persoas dependentes con atención especializada e contribuír así ao descanso dos coidadores/as.

Programa de inserción social 

Trátase dun sistema de resposta para as persoas en risco de exclusión social que aplica tanto protocolos de intervención social personalizados como de grupo, ademais de prestacións económicas específicas.
 
Programa de educación familiar 

Presta apoio educativo e psicosocial dirixido ás familias co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, nomeadamente as situacións de malos tratos infantís ou calquera outra desprotección da infancia.

Programa de fomento da cooperación e solidariedade social 

Este programa facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulsa o asociacionismo solidario e o voluntariado social. 

Programas para maiores

O colectivo de maiores é un dos que merece maior atención. Así, a través do departamento de servizos sociais xestiónanse as axudas, ingresos en centros, trámites do bono social eléctrico, abono social de Telefónica e  a participación nos programas ofertados polo Imserso, por exemplo os de turismo e termalismo social. 
 

Horario  martes e xoves de 9h00 a 14h30

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/catalogo-de-servizos-e-prestacions