Qué ver?
Igrexa Parroquial de Santiago de Calvos, século XIX, estilo popular, situada no medio do núcleo de Calvos moi próxima ao "Pazo dos Tejada". Localización
Igrexa Parroquial de San Xoán de Randín, século XVIII, reconstruída no século XVIII, situada no interior do núcleo. Localización
Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás, séculos XIV e XVIII, estilos románico e popular. Situada no centro do núcleo. Nas paredes da Sancristía, descubríronse doce pinturas de tamaño natural, de gótico tardío entre os séculos XV e XVI que representan escenas de iconografía relixiosa (https://youtu.be/JVI1viKYgoc). Este templo que na súa orixe foi Capela Románica, posteriormente encostouse ao actual templo cuxo atrio era o Parlamento do Couto Mixto. Localización
Estatua do último Xuíz Delfín Modesto Brandon do Couto Mixto, situada no atrio da Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás. Localización
Pazo dos Tejada, séculos máis relevantes, o XVIII e o XIX, estilo popular, situado no centro do núcleo. Actualmente o edificio sufriu numerosas rehabilitacións. Ten unha tipoloxía típica de Pazo galego con tres corpos conectados por unha solaina que permite o acceso por baixo. No municipio hai moitos exemplos a escala reducida. Esta estrutura faise aínda máis complexa cando aparecen muros de contención no patio inferior e de peche no lateral, que dan novas posibilidades espaciais ao apropiarse de tres volumes interconectados que aparecen como prolongación do volume principal. O edificio e os seus muros, fóra dun á rehabilitada, son de sillería concertada, dintel nunha gran porta con escudo emblemático encima. Cornixa recta en todo o edificio principal. Solainas en dous corpos. Detalles de carpintería de calidade. Bancos de cantería a ambos os dous lados da porta principal. Portas secundarias con sombrerete executado con estrutura de madeira.
Antigamente dispoñía dun patio cadrado, salas amplísimas, dormitorios, comedores, cociña convencional, sala para amasar o pan, capela familiar, xardín. Unha construción lóxica, sabiamente dirixida a un fin práctico.
Xunto coa Igrexa Parroquial de San Xoán de Randín, o edificio de máis valor arquitectónico do Concello. Localización
Petos de Ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas. A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo. Ás ánimas que non atopen descanso no purgatorio, para que alcancen a felicidade no ceo.
Peto de Ánimas de Calvos na praza A Laborada, en fronte do Concello. Localización
Peto de Ánimas de Vilar no interior do pobo, nun cruze de camiños. Localización
Con características similares de plataforma de sillares corpo prismático con repisa e outro con hornacina en arco de medio punto e cimacio. Sobre él, unha cruz de pedra sobre pedestal. Século máis relevante o XIX.
Cruceiros son sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en cruces de camiños ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios. Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois según o gran escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado. Pero tamén se di que os cruceiros protexen aos viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.
Calvario pétreo popular (tres cruceiros) en Vilariño, situado á entrada do núcleo, nunha curva, un lugar privilexiado desde onde as cruces parecen erixirse da terra e debuxar o ceo. Localización
Muiño de Rubiás dos Mixtos situado nos arredores do pobo. Localización
Fornos, ademais de facer o pan con sabor único, tiñan encomendada a función de servir de refuxio (para durmir) aos peregrinos e aos pobres, sendo este o motivo de que nunca se pechaban as súas portas.
Forno de Randín no medio do pobo encostado ao Pazo de Randín. Localización
Forno de Rubiás dos Mixtos situado no centro do núcleo. Son edificacións de forma rectangular resolta en sillería, o século máis relevante é o XIX. Localización
Bens paisaxísticos y naturais
Aguioncha, cima situada en Feás, 1239m. Localización
Ponte Maior é unha paraxe paisaxística, atópase nas inmediacións de Vila nun recodo creado polo regato da Ponte Maior. A auga retorcese entre penas singulares de dramática verticalidad. O conxunto é pintoresco e potente, cun contrapunto, a chaira, que lle outorga novas resonancias. Representa un conxunto claro dentro da súa contorna por estar definido entre dous montículos e ademais con dous elementos centrais claros, o río e o peñasco. Localización
Díptico turístico de Calvos de Randín
Castelo na marxe esquerda do río Salas, no camiño que conecta Randín a Vilar e Vilariño, ao leste Tourém (Portugal), defendendo o chamado Couto Mixto e unidos polo camiño privilexiado.
Este proxecto nace promovido polo Concello de Calvos de Randín en colaboración coa Asociación de amigos do Couto Mixto. O proxecto centrase no patrimonio cultural e arqueolóxico (Breogán Arqueoloxía), con centro de actuación no Castelo da Picoña, que é un Castelo fortemente relacionado coa historia da fronteira galaico-portuguesa.
As actuacións comezaron no verán do 2020, incluíron unha prospección arqueolóxica, localización e recuperación do camiño da Picoña, limpeza e roza do castelo e accesos, rexistro topográfico e limpeza arqueolóxica.