Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
No suroeste da provincia de Ourense, no 1993 declarábase o Parque Natural Baixa Limia, Serra do Xurés. Abarcaba unha superficie de 20920 hectáreas, repartidas entre os Concellos de Entrimo, Lobios e Muiños. Posteriormente, ampliouse aos Concellos de Lobeira, Bande e Calvos de Randín, superficie total de 29345 hectáreas.
Municipios de Calvos de Randín, fronteirizos ao Parque Natural: Vilar, Vilariño, Randín, Rubiás, Santiago.
No ano 2004, declarouse como Rede Natura 2000 o territorio do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, que tamén está protexido como "Zona de Especial Proteción dos Valores Naturais", "Lugar de Importancia Comunitaria" e "Zona de especial protección para as aves". Declarado Reserva da Biosfera pola Unesco no ano 2009.
A declaración do Parque Natural obedece á necesidade de protexer a importante riqueza natural, orográfica, paisaxística, etnográfica e arqueolóxica desta zona.
Presenza dun conxunto de serras de natureza especialmente granítica e situada no extremo sudoccidental da provincia de Ourense: O Laboreiro, Queguas e Quinxo ao norte; Santa Eufemia, o Xurés e o Pisco, ao sur conforman o límite natural con Portugal.
Unha paisaxe ocupada por matogueiras, medios rochosos e bosques. Nas partes baixas aparecen bosques de carballos e alcornoques. O manto está formado nestas zonas por xestas, brezos brancos, toxos e algunhas especies de esixencias máis térmicas como xaras, bruscos e madroños. Ao aumentar a altura, o rebollo substitúe paulatinamente ao carballo, aparecen acivros, tejos, brezo, rosas, mirtilos, gamones, bidueiro, piñeiros silvestres, exemplares illados de azarollo (serbal dos cazadores) e plantas herbáceas de escasa cobertura.
A auga é outro dos elementos físicos, os regatos orixinados pola forza das augas da choiva discorren polas gretas das serras formando saltos de auga.
Polo que se refire á fauna, hai que dicir que os contrastes paisaxísticos do parque natural, coa súa diversidade orográfica e a variada vexetación, permitiron a aclimatación e proporcionaron refuxio para a variada fauna.
Na actualidade están censadas máis de trinta especies de mamíferos e cento corenta aves. Entre elas destacan: lobo, xineta, garduña, raposo, corzo, xabarin, milano negro, moucho real, moucho das orellas, falcón, aguia real, cobra bastarda e de escaleira; as súas presas máis frecuentes son o coello e a perdiz vermella.